Enigmail v0.8x para Thunderbird ten unha nova interface de usuario! Se está familiarizado/a con versións de Enigmail anteriores a 0.81.0, lea esta información antes de continuar.
A configuración de Enigmail está dividida en dúas partes:
As configuracións específicas da conta están dispoñíbeis a través do menú Ferramentas -> Configuración das contas. Para cada conta hai un elemento da lista Seguridade OpenPGP que manexa as opcións específicas para cada conta.
A configuración da chave PGP desde Enigmail v0.80.0 e versións anteriores non se convertiu nunha configuración nova por conta. Enigmail foi desactivado de forma predefinida para todas as contas!
As configuracións globais comúnas foron limpadas e mezcladas nunha soa xanela. As preferencias tamén están dispoñíbeis a través do menú de Enigmail, ou facendo clic no botón Avanzada nas preferencias de seguridade OpenPGP do xestor de contas.
Engadiuse unha nova opción que lle permite activar o cifrado automaticamente ao responder a unha mensaxe cifrada. Teña en conta que isto non inflúe na configuración da sinatura da mensaxe.
O comportamendo de Enigmail foi adaptado para ser semellante ao comportamento de S/MIME. Engadiuse un novo botón OpenPGP desde onde se pode seleccionar a configuració de cifrado / sinatura. O menú de Enigmail non sirve para enviar correos cifrados ou asinados, o envío faise unicamente desde o botón normal de Enviar ou desde o menú Ficheiro -> Enviar. É suxeríbel que experimente a nova configuración enviandose un par de correos a si mesmo antes de utilizalo con normalidade, para que poida comprender o novo comportamento.
A configuración para o cifrado e sinatura dunha mensaxe está agora visíbel na esquina inferior dereita da xanela de composición de mensaxes, con pequenas iconas que se mostran se a sinatura ou o cifrado están activados.